domingo, 16 de septiembre de 2012

DOUTOR APERTAS. Tributo a Magín Blanco


O asunto da homenaxe a Magín colleunos en plena gravación do noso último disco, "Todo lo que vamos dejando detrás", así que fomos retrasando o da versión ata que nos demos conta de que xa case só faltabamos nós e moitas das cancións nas que pensaramos xa estaban escollidas.

Cumpríanos algo sinxelo e lembramos esta do primeiro LP de La Rosa. Non queriamos facela igual ca a orixinal, e según empezou Javier nun ensaio co riff do principio, os demais seguímolo a toda pastilla ata o final. Así quedou e así se gravou, á primeira.

É curioso que a nosa “Llévame lejos” soe máis parecida a Cosecha Roja e “Como a la nube” tire cara a parte acústica de Burgas Beat, pero como somos case os mesmos é fácil que pasen estas cousas”.

No seguinte enlace podes escoitar estas cancións "bandcamp".